Recensión: A Garza en chamas

Nesta nova entrada quixen dedicarlle unhas palabras a un libro moi especial que recompila varios dos relatos máis destacados, e que saíron premiados nas tres últimas edicións disputadas do premio Manuel Murguía. Este fascinante libro que publica Alvarellos Editora, e que leva por título “A Garza en chamas”, nela recompílanse os nove relatos premiados no Certame de Narracións Breves organizado polo Concello de Arteixo entre os anos 2019 e 2021, e que contou con Alfredo Ferreiro como director literario.

Entre as páxinas de leste “A Garza en chamas” atopamos autores como por exemplo, Daniel Barral, Patricia Torrado Queiruga e Arantza Portabales quenes foron os tres gañadores dos certames de 2019, 2020 e 2021, respectivamente; ademais de Tito Pérez Pérez, Esteban Brea Castro e Gabriel Gómez Estévez que lograron o segundo premio; e ademais os textos de Francisco Rozados Rivas, Alex Mene e Cecilia F. Santomé que foron distinguidos co terceiro premio.

Considero que o nivel dos relatos é realmente bo, e teño que dicir que a extensión dos mesmos é moi agradable para todo tipo de lectores, o máis extenso ten sobre trinta páxinas mentres que os máis breves teñen algo máis de dez. Este é un libro que pode ser ideal para combinar con outras lecturas, ou poder lelos todos xuntos durante unha fin de semana. Pero tamén teño que dicir que me parece moi recomendable ler xuntos os tres relatos de cada certame.

Un dos contos que máis me gustou é “Silencios náufragos” de Patricia Torrado Queiruga, trátase dunha historia onde coñecemos á profesora Rosalía Knowlan, quen se atopa en Irlanda para coñecer o lugar onde naceu o seu avó. Trátase dunha viaxe que ademais de ser pola memoria deste home que abandonou a Illa Esmeralda e chegou a galícia no ano 1846, e ademais encerra un misterio ao redor dun barco que naufragaba nas costas irlandesas.

Tamén moi recomendable “Xanelas” de Arantza Portabales, onde temos un triángulo de personaxes que son os que fan mover a trama. A acción desenvólvese en Amsterdam, o lugar onde vive a nosa protagonista, a pesar de que o piso foi de Manu, pero Manu xa non está; e agora ela vese con Koert quen lle ensina a ir en bicicleta. Destacar a figura tan presente de Manu, a pesar da súa ausencia.

Outro deses relatos que tamén merece moito a pena, é “Crónica de ningures” de Francisco Rozados Rivas, un relato no que coñecemos a Bieito, que vive só na aldea de Entrepenas e só ten unha misión, a súa misión é esperar á morte. Con referencias a Risco e Neira Vilas, imos descubrindo como esta aldea é un lugar dominado por unha paisaxe feroz, un lugar duro e triste, onde a vida é monótona e poucas cousas ocorren. Un lugar que dá para reflexionar sobre os fillos que se van ou se perden, sobre os recordos do pasado, os contos da avoa, o lobo e a morte. Eu me quedo coa seguinte frase que define moi ben o que nos podemos atopar neste marabilloso relato, “Entrepenas é quedo, breve e melancólico ata semellar exento de se mesmo”.

Para concluír, gustaríame recomendar a lectura de “A garza en chamas” un libro que recolle diferentes relatos, con autores que teñen diferentes estilos, pero todos eles teñen en común que son capaces de atrapar ao lector entre as súas páxinas. No persoal teño que dicir que non coñecía o certame de narracións breves Manuel Murguía, e paréceme que non pode haber mellor maneira de achegarse que con este libro de relatos que gocei desde as primeiras páxinas e ata chegar á última.

Anuncio publicitario

3 comentarios en “Recensión: A Garza en chamas

    1. Cierto, es un libro que me encantó, disfruté mucho, y me he encontrado con un par de nombres que no conocía y de los que quiero leer más cosas.
      ¿Podemos decir que las garzas dan «saltos en el viento»? Por cierto, aquí también tenemos mucha tradición de relatos.
      Gracias por tus comentarios!!

      Le gusta a 1 persona

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s