Archivo de la etiqueta: Premio da Crítica 2020

Recensión: Illa decepción de Berta Dávila

Ilustración da cuberta pola propia autora

Non pasaron nin sequera dez meses desde que me achegaba por primeira vez á narrativa de Berta Dávila, pero con motivo do lanzamento deste “Illa decepción” non podía deixar pasar a oportunidade de volver a ler a unha das voces literarias, que nos traen unha aposta que tan ben conectou cos lectores e tanto aplaudiu a crítica especializada. “Illa decepción” é unha das novelas máis esperadas do outono, xa que foi distinguida co Premio narrativa breve Repsol 2020, e a autora foi galardonada co Premio da Crítica de narrativa galega do 2019 por “Carrusel”, obra tamén publicada pola Editorial Galaxia.

Nesta “Illa decepción” imos encontrar unha novela na que se reflexiona sobre os recordos e o paso do tempo, no relacionado coas nosas vivencias nas casas nas que vivimos, e abandonamos nunha mudanza. E faino cun diálogo entre a nosa narradora e unha personaxe tan especial como é Amandine Dupont, que coñeceremos por estar vencellada a unha destas casas, e terminará por establecerse unha amizade entre elas.

Outra cousa que temos que mencionar son as relacións familiares e persoais que aparecen nesta novela, empezando coa relación entre a narradora e o seu fillo, a da narradora e a súa avoa, e a da narradora cos seus pais e a súa irmá. E nos deixa un momento moi bonito no que se comenta o tema das fotos de familia, algo moi típico das reunións estivais nas que se xunta toda a familia, neste caso na casa da praia.

Algúns dos temas que podemos atopar nesta novela serían; a memoria e os recordos do pasado; a importancia dos cambios que vivimos na nosa vida, e os seus efectos; a maternidade e os fillos; as relacións persoais; a enfermidade, a morte, e a perda dos seres queridos. E tamén decir que neste libro está presente a pandemia da Covid-19, pero especialmente o confinamento. Ademais de dedicarlle algunhas páxinas o proceso da escrita desta novela. Sen olvidar a cultura, xa que o libro está cheo de referencias culturais.

A modo de conclusión, quero recomendar “Illa decepción” porque é un libro sobre a vida, na que os lectores atoparán situacións e sentimentos que non lle son alleos e poden sentir como seus. Son poucos os autores e as autoras que manexan tan ben a autoficción ou a ficción do eu como o fai Berta Dávila, e demostrao novamente cun espléndido relato que ten un comezo que atrapará os lectores durante toda a lectura.