Archivo de la etiqueta: Día das Letras Galegas

Recensión: XelArias. Palabra á intemperie.

Esta entrada está dedicada a un deses libros que paréceme merecen estar presentes cando nos atopemos realizando o repaso ao 2021; un ano que no literario está marcado polo feito de que lle dedicaran o Día das Letras Galegas a Xela Arias, e é debido a iso que esta entrada está dedicada a este marabilloso libro que leva por título “XelArias. Palabra á intemperie” e que recentemente publicou Baía Edicións, tratase dun libro asinado por Emma Pedreira e con ilustracións de Laura Romero.

Como moitos xa saberedes, o pasado día 22 de decembro a Real Academia Galega decidia adicarlle o Día das Letra Galegas a Xela Arias, sendo en certa maneira unha homenaxe moi merecida e que se estende a todo o ano 2021. Arias é unha figura moi presente, e un referente para as novas xeracións; o seu labor como tradutora, editora e poeta convertérona nunha das autoras máis populares entre os lectores. Cómpre non olvidar que foi en 2019 cando A Sega elixiu a autora lucense como Señora das Nosas Letras na VI romaría do Día das galegas nas Letras.

Poderiamos dicir que “XelArias. Palabra á intemperie” é unha homenaxe moi persoal que busca poñer en valor a figura de Xela Arias. Ademais dunha aproximación na que a autora quere tender pontes entre a poeta Xela Arias e o lector. E non podemos deixar de mencionar, a orixinalidade deste novo libro de Emma Pedreira, que é un exercicio de creación literaria moi interesante, e que consiste en escribir novos poemas pero empregando versos que aparecen nos diferentes poemarios que publicou a de Sarria.

Estou convencido de que este é un libro que pode ser unha oportunidade perfecta para achegarse á obra de Xela Arias, e ir descubrindo aos poucos a esta gran autora, é por iso que podemos considerar que este libro funciona como unha especie de carta de presentación, ou mellor dito como unha postal que se intercambian entre as dúas autoras.

Para concluír gustaríame recomendar “XelArias. Palabra á intemperie”, un libro que merece moito a pena, e co que lembramos a un dos grandes nomes da literatura escrita en galego. Tamén me gustaría dicir que a pesar de que non é a primeira vez que leo a Emma Pedreira, xa sexa prosa ou poesía, sempre teño a sensación de que estamos ante unha autora cunha imaxinación desbordante capaz de sorprender aos lectores cos seus libros. Ademais mencionar o gran traballo de Laura Romero cunhas ilustracións e colaxes que enriquecen a experiencia lectora. E felicitar a Baía Edicións por este precioso tributo a Xela Arias.

Día das Letras Galegas

 

O “Día das Letras Galegas” deste ano 2017 está adicado a Carlos Casares. escritor que cultivou sobre todo a narrativa con relatos, novelas, contos para nenos e ensaios; ademáis colaborou en numerosas revistas e xornais, fixo traduccións ao galego e tamén escribiu poemas.

Ademáis foi membro da Real Academia Galega, diputado autonómico no primeiro parlamento de Galicia, presidente do Consello da Cultura Galega, director da editorial Galaxia e da revista Grial.

Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.

Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.

Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.

Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.