Archivo de la etiqueta: Carrusel

Carrusel de Berta Dávila

IMG_20200217_203956

Nesta primeira recensión escrita en galego gustaríame dedicarlle unhas palabras a un dos mellores libros do pasado ano, gañador do Premio García Barros de Novela, e elixido como mellor novela galega do ano 2019 pola revista dixital Fervenzas literarias; refírome a “Carrusel” obra que asina a escritora santiaguesa Berta Dávila.

Teño que confesar que descubrín esta historia gracias a unha entrevista cá autora no programa Zigzag da TVG; pero a pesar de que a historia parecíame moi interesante, non me atrevía a darlle unha oportunidade xa que nunca antes lera ningún texto de autoficción. Pero todo quedou resolto a principios de mes cando me atopei cun exemplar desta novela na biblioteca e decidín darlle unha oportunidade dunha vez por todas.

“Carrusel” é unha novela curta escrita en primeira persoa, na que se mesturan lembranzas de diversos períodos dá vida dá nosa protagonista. Ademais ó tratarse dunha novela de autoficción é moito maís doado conectar ca narradora. Gustaríame destacar tamen esa forma de empregar a linguaxe que presenta a prosa dá autora, capaz de construír imaxes poderosas que nos fan vivir a historia case na nosa propia pel, algo ó que tamén axuda esa atmosfera presente neste libro.

Temas tratados nesta novela poden ser a perda; a enfermidade mental vista desde un punto de vista próximo, sincero e realista; a familia e a maternidade; os recordos do pasado; e tamén mencionar a importancia tanto da música como das matemáticas moi presentes en toda a novela. Non debemos esquecer que esta é unha novela de carácter intimista que se centra na vida corrente.

Esta é unha viaxe literaria que nos transporta a un tempo convulso a nivel persoal da nosa narradora, no que como lectores somos testemuñas desas relacións familiares tan particulares que xorden entre a avoa, o tío, e a neta; xa cós tres comparten a mesma enfermidade mental, pero deciden afrontala de maneiras totalmente distintas. Como dicía anteriormente o tema da doenza mental está moi presente, e está tratado dunha forma moi real, próxima e orgánica.

Gustaríame finalizar esta recensión recomendando “Carrusel” a todo o mundo, un libro que a pesar de centrarse nas reflexións, os recordos, as vivencias e nos pensamentos, noutras palabras está cheo de momentos que o lector atesourará ao final da lectura. E Sobre Berta Dávila dicir que é unha escritora que empezou a escribir con vinte anos e é gañadora de prestixiosos premios literarios; e ademais unha autora total que escribe tanto poesía como narrativa; así que espero ler máis obras desta escritora no futuro.