Recensión: Carol de Patricia Highsmith

Como todos sabedes 2022 foi o ano do centenario do nacemento de Patricia Highsmith, un acontecemento moi especial que nos deixou varias propostas editoriais ao redor desta gran escritora estadounidense; e unha destas interesantes propostas foi a protagonizada por Kalandraka Editora, quen o pasado mes de setembro publicaba a primeira tradución de “Carol” ao galego, un feito que é posible grazas a impecable tradución de María Alonso Seisdedos.

Carol” é unha novela de amor entre dúas mulleres, unha delas é a moza Therese Belivet, quen se atopa traballando nuns grandes almacéns neoiorquinos durante a campaña de nadal, e alí é onde precisamente coñece a Carol, quen está buscando un boneca para a súa filla; e a partir deste breve encontro vaise construíndo unha desas grandes historias de amor que nos regala a literatura.

Unha das cousas que sempre se comentan sobre esta novela de Patricia Highsmith é que foi a primeira novela de tematica homosexual que non remataba traxicamente; pero a pesar de que a relación entre Therese e Carol é o eixo fundamental do libro, non debemos de cometer o erro de pensar que só se trata dunha historia de amor, xa que a autora tamén explora outros temas como a busqueda da felicidade, a fraxilidade das relacións, o divorcio de Carol e a batalla pola custodia da súa filla, e os os prexuízos sociais da época.

Esta é unha novela que está escrita desde o punto de vista de Therese, cunha narración na que nos permite coñecer os seus sentimentos e preocupacións; ademais é a través dos ollos de Therese que nós coñecemos a Carol e a súa personalidade, algo ao que tamén contribúen os excelentes diálogos que as nosas dúas protagonistas comparten. E tendo todo isto en conta, é normal pensar que todos os problemas e situacións polas que pasa a súa relación é un dos puntos fortes desta novela, porque a pesar de todo estas dúas mulleres seguen apostando pola súa relación e por ser fieis a elas mesmas, primeiro nese momento no que se coñecen, que logo se transforma nos primeiros encontros e esa viaxe que fan por diferentes estados, e chegamos a ese final que xa é parte da historia da literatura.

Para concluír, gustaríame moito recomendar “Carol” de Patricia Highsmith (Kalandraka Editora), é unha novela pola que non pasa o tempo e as suas personaxes son desas que conquistan aos lectores. Patricia Highsmith é un dos nomes propios da literatura universal, e é tamén grazas a unha historia como esta, na que se parte dunha vivencia persoal da propia autora, que podemos apreciar a súa gran mestría para a narrativa, xa que é capaz de transformar o persoal no universal, e atrapar aos lectores desde as primeiras páxinas ata o final. Eu pola miña banda seguirei lendo a Patricia Highsmith.

Anuncio publicitario

3 comentarios en “Recensión: Carol de Patricia Highsmith

  1. La portada es muy bonita 🙂 Si no me equivoco también hay una película protagonizad por Cate Blanchett. Pero no la he visto. No sabía que estaba basada en una novela, lo que cuentas de la misma es llamativo y el hecho de que se tiene en cuenta el contexto como el divorcio o la tenencia de los hijos, la hace más interesante porque a veces este tipo de historias se suele representar en contextos inexistentes o con finales trágicos.
    Buena reseña, saludos 🙂

    Le gusta a 1 persona

    1. La portada, obra de la ilustradora Sonia Pulido, es una de mis favoritas de entre todos los libros de mi colección.
      Recuerdo haber empezado a ver la película que me comentas, la de Cate Blanchett, hace ya varios años cuando podía ver la BBC en directo, y ciertamente tengo que decir que me quedé dormido viendo la película, y nunca más tuve la ocasión de verla: podría haberla buscado en alguna plataforma pero la verdad es que nunca lo hice. Lo cual es casi un delito, porque me fascina Blanchett como actriz, ¿conoces la película de Wes Anderson Life Aquatic with Steve Zissou?
      Gracias por tu comentario!!

      Le gusta a 1 persona

      1. Cate Blanchett también es una de mis actrices favoritas 🙂 jajaja quizá es que la película es algo aburrida o no era el día para mirarla.
        Sí, creo haberle hecho una reseña en mi post sobre el director. Ahí están Willem Dafoe y Bill Murray también, entre otros habituales del director y por supuesto Cate. Quiero ver su último film «Tár»
        Saludos 🙂

        Me gusta

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s