Recensión: O ano do pensamento máxico de Joan Didion

O dó non coñece distancias. O dó ven en ondas, paroxismos, aprehensións repentinas que afrouxan os xeonllos, cegan a vista e aniquilan a normalidade da vida.

Ninguén pode dubidar de que Joan Didion é un dos grandes nomes da literatura estadounidense, unha figura tanto admirada polos seus millóns de lectores como respetada pola crítica; e é por iso que o seu pasamento en 2021 supuxo unha gran perda. Por sorte quédannos os seus libros, varios títulos imprescindibles para comprender aquela California de finais dos sesenta, e outros que tratan temas máis íntimos e persoais.

Encadrado nesta segunda categoría, poderiamos dicir que se atopa o que talvez sexa o seu libro máis coñecido, refírome a “O ano do pensamento máxico”, que foi publicado orixinalmente no ano 2005, e que desde o ano pasado podemos ler en galego grazas á marabillosa tradución de Eva Almazán para Rinoceronte Editora.

Estamos ante unhas memorias nas que a propia Joan Didion relata a súa experiencia á hora de afrontar a repentina morte do seu marido, John Gregory Dunne; e trátase dun libro que a fixo merecedora do premio ao mellor libro de non-ficción nos National Book Awards do 2005. Pero non debemos pensar que estamos ante un libro que se centra exclusivamente no tema do dó, porque tamén é unha forma moi apropiada para render homenaxe a ese matrimonio tan especial que tiñan Didion e o seu marido.

Emocións e sentimentos relacionados coa morte do seu marido, que se mesturan cos que lle provocan a delicada situación pola que está a atravesar a súa filla, Quintana, quen por aquela época atopábase hospitalizada debido a unha pneumonía que terminou nunha sepsis. E talvez esta sexa unha das claves do libro, xunto con ese estilo tan sinxelo e pulcro, a autora constrúe un texto que conmove a quen se achega ás súas páxinas, apelando a unhas emocións e sentimentos que o lector fai propios; e en certa maneira podería dicirse que estamos a ler unha especie de novela que trata sobre a vida.

Para terminar, gustaríame recomendar a lectura de O ano do pensamento máxico de Joan Didion (Rinoceronte) a todas as persoas que queren ler un gran libro que as faga reflexionar, e que as levará a repasar momentos da túa propia vida na que experimentaches esas mesmas emocións. Algunhas pasaxes do libro son conmovedores, e ao terminar de lelas daste conta de que tes os ollos un pouco chorosos; pero definitivamente esta é unha desas lecturas que merecen moito a pena.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s