Recensión: Alianza de Luís Valle

É por todos coñecido que en Galicia temos unha gran tradición poética, e son moitos os nomes que todos coñecemos e admiramos; e unha das grandes vantaxes desta rica tradición é a de poder descubrir novos autores dos que queres ler todos os seus libros, e isto foi o que me ocorreu a min cando rematei de ler o poemario «Alianza» de Luís Valle e que podemos atopar publicado por Edicións Barbantesa.

Luís Valle é un poeta lucense, que ten publicados máis de dez poemarios se combinamos a súa produción en galego e en castelán, onde destaca a súa última publicación que é este libro que leva por título “Alianza”. Unha traxectoria de case vinte e cinco anos de carreira literaria, que foi recoñecida pola crítica en varias ocasións, como ben reflexan os premios recibidos: no 2008 o Premio de poesía Caixanova por A caída, no 2010 o Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón por Fedor, e no 2015 o Premio Lueiro Rey de poesía por As cicatrices do Sol.

En “Alianza” atopamos un total de cincuenta e oito poemas dedicados ao amor, poemas que a pesar da súa brevidade están cheos de reflexións que o poeta comparte cos lectores; e neste libro no que o amor o é todo, tamén a parella é un tema principal. Teño que recoñecer que me gustou moito a estrutura empregada polo autor, onde os poemas parecen que dialogan entre si, ademais de facelo co espazo que hai entre eles na propia páxina.

En definitiva, paréceme que «Alianza» de Luís Valle (Edicións Barbantesa) é unha proposta poética moi disfrutable, que nos fai pensar sobre un tema tan universal como é este que sempre se considerou un dos grandes temas da literatura. Eu pola miña parte espero seguir descubrindo a obra de Luís Valle, porque de verdade que me gustou moito este libro.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s