Recensión: Silencio de Agustín Agra

Máis información na web de Galaxia

Silencio” de Agustín Agra, publicado por Editorial Galaxia no 2020, é un libro de relatos onde nos atopamos con oito relatos curtos nos que aparecen varios dos personaxes máis importantes do ámbito científico como poden ser como Newton, Galileo ou Copérnico. Trátase dun libro no que Agustín Agra desprega todo un sen fin de estilos e voces diferentes, o que axuda a que o lector poida sorprenderse e atopar algo diferente en cada un dos relatos, pero todos eles teñen en común esa gran débeda que a historia ten con estes xenios que foron quen de cambiar o mundo no que vivían. Uns relatos que segundo palabras de Agra están relacionados entre eles, algo que consegue grazas á figura de Alexander von Humboldt; e a pesar de que en “Silencio” repásase de forma moi rigorosa a vida deses grandes nomes da ciencia e o coñecemento, tamén atoparemos ficción para explicarnos a vida desas persoas que viviron e formaron parte de épocas moi diferentes ao mundo que coñecemos hoxe en día.

Un dos relatos que máis me gustou, pola maneira na que o autor decide contarnos esa historia é “O contador de chícharos”, un relato no que dous homes dialogan acerca dun terceiro, e o curioso deste relato non está no que están a falar, senón na sua identidade, os protagonistas deste relato non son outros que un par de monxes que coñecían en primeira persoa a Gregorius Johann Mendel, quenes comentan cousas sobre a súa vida, e sobre os experimentos que levou a cabo, e cal foi o motor da súa curiosidade científica.

Tamén temos que mencionar o cuarto e o quinto dos relatos que aparecen en “Silencio”. En “Transformismo” podemos gozar dun intercambio de correspondencia entre Charles Lyell e Georges Cuvier, cartas nas que mostran as súas diferentes visións á hora de tratar de xustificar cantos anos ten a terra que habitamos, e é ademais unha reflexión sobre a importancia da ciencia e a verdade. E este relato condúcenos directamente ao seguinte, “I think”, e enlazamos grazas a que o protagonista deste relato, Charles Darwin, levouse o segundo tomo de Principles of Geology de Charles Lyell á súa espectacular viaxe a bordo do HMS Beagle polo continente americano; unha viaxe coa que seremos testemuñas de como o que alí atopou cambioulle non só a vida, senón que cambiou a súa forma de entender a ciencia e a vida.

En “Impostura” nosa narradora será unha xornalista que ten que escribir un artigo sobre ciencia, e que desexa facelo sobre unha muller importante relacionado con ese mundo, primeiro rexeita varias ideas sobre personaxes populares, logo pensa en darlle voz a nomes menos coñecidos, pero ao final todo parece apuntar a Antoine Lavoisier, do que iremos repasando acontecementos importantes da súa vida e os seus descubrimentos e ideas no campo da química, para terminar reflexionado sobre o importante papel da súa muller, Marie-Anne Pierrette Paulze, nas investigacións de Lavoisier.

Mentres que en “Omne vivum” Louis Pasteur comparte cos lectores todas as dificultades atopadas no camiño de refutar a teoría da xeración espontánea, e o que o seu descubrimento podería supoñer para a sociedade científica daquela época, na que aínda non existía unha separación real entre fe e ciencia, e como a evolución científica pode ser utilizada tanto para dar luz as novas ideas das mentes máis brillantes, ou poden volverse contra dos investigadores que terán que afrontar un novo reto para tratar de levar a cabo as súas investigacións.

A modo de conclusión gustaríame recomendar a lectura de “Silencio” de Agustín Agra, porque trátase dun libro moi interesante, no que é obvio que houbo un gran traballo documental por parte do autor, pero que está en perfecto equilibrio co talento narrativo de Agra, quen nos comparte unha reflexión moi necesaria nas últimas páxinas do libro sobre o necesario de valorar a ciencia e o coñecemento en contra do ruído e a ignorancia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s