Recensión: XelArias. Palabra á intemperie.

Esta entrada está dedicada a un deses libros que paréceme merecen estar presentes cando nos atopemos realizando o repaso ao 2021; un ano que no literario está marcado polo feito de que lle dedicaran o Día das Letras Galegas a Xela Arias, e é debido a iso que esta entrada está dedicada a este marabilloso libro que leva por título “XelArias. Palabra á intemperie” e que recentemente publicou Baía Edicións, tratase dun libro asinado por Emma Pedreira e con ilustracións de Laura Romero.

Como moitos xa saberedes, o pasado día 22 de decembro a Real Academia Galega decidia adicarlle o Día das Letra Galegas a Xela Arias, sendo en certa maneira unha homenaxe moi merecida e que se estende a todo o ano 2021. Arias é unha figura moi presente, e un referente para as novas xeracións; o seu labor como tradutora, editora e poeta convertérona nunha das autoras máis populares entre os lectores. Cómpre non olvidar que foi en 2019 cando A Sega elixiu a autora lucense como Señora das Nosas Letras na VI romaría do Día das galegas nas Letras.

Poderiamos dicir que “XelArias. Palabra á intemperie” é unha homenaxe moi persoal que busca poñer en valor a figura de Xela Arias. Ademais dunha aproximación na que a autora quere tender pontes entre a poeta Xela Arias e o lector. E non podemos deixar de mencionar, a orixinalidade deste novo libro de Emma Pedreira, que é un exercicio de creación literaria moi interesante, e que consiste en escribir novos poemas pero empregando versos que aparecen nos diferentes poemarios que publicou a de Sarria.

Estou convencido de que este é un libro que pode ser unha oportunidade perfecta para achegarse á obra de Xela Arias, e ir descubrindo aos poucos a esta gran autora, é por iso que podemos considerar que este libro funciona como unha especie de carta de presentación, ou mellor dito como unha postal que se intercambian entre as dúas autoras.

Para concluír gustaríame recomendar “XelArias. Palabra á intemperie”, un libro que merece moito a pena, e co que lembramos a un dos grandes nomes da literatura escrita en galego. Tamén me gustaría dicir que a pesar de que non é a primeira vez que leo a Emma Pedreira, xa sexa prosa ou poesía, sempre teño a sensación de que estamos ante unha autora cunha imaxinación desbordante capaz de sorprender aos lectores cos seus libros. Ademais mencionar o gran traballo de Laura Romero cunhas ilustracións e colaxes que enriquecen a experiencia lectora. E felicitar a Baía Edicións por este precioso tributo a Xela Arias.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s