Recensión: O lector de Bernhard Schlink

Moitas veces lemos libros, que como lectores espertan en nós sentimentos acerca da historia que se tratan nas súas páxinas, e algunhas veces eses sentimentos son contraditorios ou fanche reflexionar máis en profundidade acerca do lido, e iso é exactamente o que me ocorreu con este marabilloso libro do escritor alemán, Bernhard Schlink, e que leva por título “O lector”, e que desde o pasado mes de Decembro podemos ler en galego grazas á edición da editoria Hugin e Munin e a tradución de David A. Álvarez Martínez.

Estou convencido de que a estrutura do libro, dividido en tres partes, axuda a que as contradicións crezan na cabeza dos lectores, pero tamén é innegable que o estilo claro e directo de Schlink non deixa lugar a dúbida sobre os temas máis delicados, que pode aparecer nunha obra na que se aborda o tema dos campos de concentración da Alemaña nazi.

A historia de “O lector” está narrada por Michael Berg, quen na primeira parte do libro lévanos á súa adolescencia, cando tiña quince anos e namorouse dunha muller de trinta e seis anos chamada Hanna Schmitz. Con Hanna, Berg descobre o amor, e a pesar de que entre eles a relación non é sempre un camiño de rosas, hai algo que nunca cambia, antes de deitarse xuntos el lerá en voz alta para ela. Pero un día Hanna desaparece da vida do noso protagonista, e aínda que ao principio isto supón unha gran perda para Berg, el logrará converterse nun brillante estudante de dereito. É neste contexto que un día, e durante un xuízo a cinco mulleres que están acusadas de crimes de guerra nazis, Berg descobre que Hanna é unha das acusadas.

Non podo ocultar que o que máis me gustou deste libro foron os seus personaxes protagonistas, de verdade que podo dicir que nunca me atopei con ningún como eles, Berg e Hanna son personaxes difíciles de esquecer e que unha vez concluída a lectura quedan connosco. De Berg gústanme as súas reflexións sobre o amor, e que coa perspectiva do tempo sexa capaz de recoñecer que nesa primeira relación houbo momentos nos que se fixeron dano o un ao outro. Mentres que de Hanna gústame o segredo que garda, e como é algo que se revela na parte máis interesante da historia, paréceme que o mellor é non comentar nada.

Esta é unha novela na que a memoria, e o como lembramos episodios da nosa vida son temas fundamentais. É obvio que tamén se trata o tema da memoria colectiva, no referente ao pobo alemán, que despois da Capitulación alemá de maio de 1945 tiveron que facer fronte ao episodio máis escuro da súa historia. Pero ademais do pasado e a memoria, tamén podemos atopar outros temas como son a inocencia do amor que experimenta Berg ao principio, a culpa e a vergoña, ou o poder da literatura.

A modo de conclusión gustaríame recomendar “O lector” de Bernhard Schlink, porque a pesar de que xa pasaron máis de vinte e cinco anos desde a súa publicación, é unha desas novelas que nos atrapa desde as súas primeiras páxinas, en gran medida por esa narración trepidante e a apaixonante historia aquí recollida, pero sen esquecernos de que é unha novela que nos fará reflexionar e pensar sobre o lido.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s