Recensión: Cobiza de María Reimóndez

Máis información na web de Xerais

Un dos acontecementos literarios do ano é a publicación do novo libro de María Reimóndez, unha autora que se caracteriza pola súa elevada produción literaria que abarca narrativa, poesía, diferentes ensaios e un gran labor como tradutora; e na que podemos atopar obras para todos os públicos, é por iso que este é un evento que os lectores celebramos. Nesta ocasión María Reimóndez preséntanos “Cobiza”, unha obra de ciencia ficción feminista, que vén de recivir o Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de Xénero.

En “Cobiza” expónsenos un escenario onde nun futuro a poboación está segregada e onde a maioría da poboación vive nunhas condicións penosas e baixo o control estrito por parte do sistema de vixilancia mundial (SVM); mentres que as elites habitaban nas Capitais, un lugar ao que a nosa protagonista, Luz, será levada tras gañar a lotería de fertilidade, unha experiencia que transformará a súa vida por completo. Isto é a grandes liñas o que ocorre na vida da nosa protagonista antes dá Gran desconexión, pero tamén veremos os efectos deste cataclismo, e o farémolo da man dun grupo de personaxes que serán testemuñas de como os seus corpos son clasificados como mulleres e vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.

Como se pode ver pola sinopse esta é unha novela moi orixinal, pero tamén de actualidade, unha historia interesante que atrapa ao lector desde o principio, e na que podemos apreciar cales son as preocupacións da autora con respecto ao mundo no que vivimos, neste novela explóranse temas como o machismo, o ecoloxismo, o clasismo, cales son os límites da ciencia e cal é a finalidade do progreso. Noutras palabras, “Cobiza” é un libro de ciencia ficción que se preocupa polos temas sociais e que está cheo de aventuras.

Outro aspecto a destacar é que estamos ante unha novela coral, e na que ten moito protagonismo o gran elenco de personaxes que atopamos nas páxinas desta obra, trátase de personaxes complexos e que están expostos a diferentes dilemas morais e situacións que nos fan conectar con eles. Reimóndez tómase o seu tempo para explicarnos o mundo que habitan estes personaxes, e preséntanolos seguindo unha orde de aparición que favorece que o lector queira pasar máis tempo neste mundo e coñecer máis e máis as que nel habitan.

Para concluír, gustaríame dicir que me encantou poder ler esta novela de María Reimóndez, autora que descubrín grazas ao poemario “Galicia en bus” (Xerais, Marzo 2018), e que nesta “Cobiza” tráenos unha novela que realmente merece moito a pena ler e que é moi recomendable. Ademais quero confesar que eu non son lector habitual de ciencia ficción, pero que con escritoras da talla de María Reimondez a calidade da súa prosa é tan grande, que un abre o libro e rapidamente mergúllase nas súas páxinas para gozar da historia.

Anuncio publicitario

1 comentario en “Recensión: Cobiza de María Reimóndez

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s