Recensión: As Ramonas de Ana Cabaleiro

As-Ramonas

A recensión desta semana faime especial ilusión porque tratase dun dos mellores libros que lin no que levamos de ano, ademais porque supón unha pequena reconciliación cá narrativa escrita en Galego. “As Ramonas” de Ana Cabaleiro é un libro ó que xa lle tiña botado o ollo desde fai uns meses, e ó que lle tiña moitas ganas.

O que me chamou a atención desta novela foi por unha parte a súa portada, e por outra a sinopse da novela. Esta é a historia dunha muller loitadora e soñadora que persegue con ansia a súa meta de triunfar no mundo da arte. Mona Otero, que é como se chama a nosa protagonista, foi sancionada coa perda do carné de conducir, e o feito de non pode dispoñer de coche propio, polo que depende doutras persoas para desprazarse.

Esta novela gañadora do premio García Barros en 2018 é a segunda obra publicada por Ana Cabaleiro (Silleda, 1974) na editorial Galaxia, e nela cóntanos unha historia cun carácter claramente feminista, e na que o rural está tamen moi presente pero visto desde unha perspectiva máis actual e moderno. Ambientada en Saídres, Lalín e Compostela (localizacións unidas pola estrada nacional 525), ponse de manifesto a diferenza entre o centrismo e a periferia, e quen define o que está no centro ou na periferia.

Como dixen anteriormente as viaxes en coche son algo moi importante nesta novela, pero tamen é mencionado outro medio de transporte que é igual de importante para o que a autora nos quere transmitir, refírome ó tren; un tren pouco operativo que é unha imaxe do abandono que sofre o rural.

Outro tema que podemos atopar é o mundo feminino, e é algo que vemos nas nosas cinco Ramonas. É certo que Mona Otero como protagonista ten maior peso dentro da historia, e nela atopamos a esa muller traballadora e independente que ten que deixar o rural para poder triunfar como fotógrafa. Pero tamén nos atoparemos con outras Ramonas que representan á perfección o seu rol, e así temos: unha nai, unha avoa, esa mellor amiga dende a infancia, e ata unha concelleira que xogará un papel moi destacado no devir da nosa protagonista.

Recomendo esta novela porque de verdade penso que Cabaleiro creou unha desas historias que atrapan ó lector desde o principio ata o final, e que che fan comprender os seus personaxes, noutras palabras que podes vivir a novela en primeira persoa. Ademais os temas aquí tratados reflicten unha realidade moi presente en Galicia coa que moitas persoas poden sentirse identificadas. E para finalizar gustaríame compartir unha cita da autora, que se pode aplicar perfectamente a este libro “A arte é para todos.”.

2 comentarios sobre “Recensión: As Ramonas de Ana Cabaleiro

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s